Basilio/Basilia
Basilio/Basilia
[ONOM]
Antropónimo procedente do grego Basileios (βασίλειος) ‘rexio’, adxectivo de Basileus (βασιλεύς) ‘rei’. Entre os santos que levan este nome, cómpre salientar a san Basilio o Grande (328-370), bispo de Cesarea, sucesor de Atanasio, que se enfrontou ao Arianismo e san Basilio o Benaventurado, a quen lle está dedicada a gran Igrexa da Praza Vermella de Moscova, construída por Iván o Terrible. Tamén se atesta, segundo a tradición, unha santa Basilia de orixe galaica.