Basilio o Benaventurado, Igrexa de

Basilio o Benaventurado, Igrexa de

Antiga igrexa de Moscova, construída entre 1555-1560 polos arquitectos Barma e Posnik co gallo da Victoria de Kazan; está situada na Praza Vermella. Orixinariamente estivo dedicada á Intercesión da Nai de Deus (Pokroeskij Sobor). Consta dun núcleo central coroado en pirámide e rodeado de oito capelas con cúpulas diferentes que descansan sobre arcos volados. Esta diversidade de formas está realzada pola policromía dos muros e pola decoración cerámica.