Basora

Basora

Capital do muhāfaza homónimo, Iraq, na beira do río Šatt al-’Arab (406.296 h [1987]). Situada no oasis de palmeiras máis grande do mundo, o seu porto é o máis importante do golfo Pérsico. Fundada como praza militar polo Califa ‘Umar (638), 13 km río abaixo do emprazamento actual, foi trasladada no s XVI transformándose nun importante centro comercial e cultural. Durante os ss VIII e IX foi sede dunha importante escola filolóxica e dun centro teolóxico de filiación mutazilita do que xurdiron, entre outras, as figuras de Ḥ asan al-Ba ṣ rī e de al-Aš’arī. A finais do s IX, a escisión do califato abbásida provocou a súa decadencia. En 1779 foi conquistada polos turcos. Durante as dúas guerras mundiais a cidade foi ocupada polas tropas británicas que a utilizaron como base dos aliados. Resultou seriamente danada durante a guerra irano-iraquí (1980-1988) e a Guerra do Golfo (1991).