Bassa, Ferrer
Bassa, Ferrer
Pintor e miniaturista. Foi o introdutor das novas formas italo-góticas en Catalunya. No 1324 foille encargada a decoración mural de dúas capelas da igrexa antiga de Sitges. Desde o ano 1333 recibiu sucesivamente encargos de Afonso III e de Pedro III. A única pintura sobre táboa conservada é un fragmento de retablo con escenas da vida de san Bernardo (Museo de Vic). A súa obra máis significativa é a decoración mural da Capela de San Miguel, no claustro do Mosteiro de Pedralbes de Barcelona (1345-1346).