Bassani, Giorgio
Bassani, Giorgio
Narrador e poeta posneorrealista italiano de orixe xudea. Colaborou en Letteratura, Botteghe Oscure e Paragone, e publicou ensaios literarios e poesía. A súa obra narrativa, chea de amargura, describe as vicisitudes duns personaxes provincianos nun mundo brutalmente trastornado. Il giardino dei Finzi-Contine (O xardín dos Finzi-Contine, 1962) é a máis coñecida. Escribiu tamén Dietro la porta (Detrás da porta, 1964), L’airone (A garza, 1968), etc. No volume Il romanzo di Ferrara (A obra de Ferrara, 1980) reuniu e refixo toda a súa obra narrativa.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Boloña -
Falecemento
Lugar : Roma