Bassat, Luis
Bassat, Luis
Presidente da axencia de publicidade Bassat, Ogilvy & Mather en España. Licenciado en Ciencias Económicas, creou a súa primeira axencia de publicidade aos 25 anos. Entrou en contacto co prestixioso publicitario David Ogilvy en 1975, e dende entón é o seu socio en España na compañía que preside. Entre os seus clientes máis destacados están a empresa Danone, a Generalitat de Catalunya, a empresa de automóbiles Ford e Frigo. Algunhas das súas campañas máis famosas son a promoción das Olimpíadas de Barcelona e a Exposición Universal de Sevilla. No seu currículo conta con máis de 100 premios de publicidade de todo o mundo.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona