Bastavales, San Xiao

Bastavales, San Xiao

Igrexa parroquial situada en Brión. Foi construída na segunda metade do s XVII sobre un templo románico anterior. O proxecto atribúeselle a Francisco A. Fernández Sarela, mais nela traballaron os mestres locais Juan A. Nogueira e Tomás do Río. No interior destaca o retablo maior barroco do s XVIII e unha cruz parroquial de 1826. O campanario construíuse en 1827.