Bataillon, Marcel
Historiador hispanista francés. Estudiou na École Normale Supérieure de París e en Madrid, onde residiu ata o 1922. Foi profesor en Lisboa (1922-1926), no Lycée de Burdeus (1926-1929), no Collège de Francia (1955-1965) e na Universidade da Sorbona. Membro do Institut de France dende 1952, foi director do Institut d’Études Hispaniques de París e do Bulletin Hispanique. En 1937 saíu en París a súa tese Érasme et l´Espagne: recherches sur l´histoire spirituelle du XVIe siècle (Erasmo e España: investigación sobre a historia espiritual do século XVI), estudo que completou en sucesivas publicacións: Études sur le Portugal au temps de l´humanisme (Estudios sobre Portugal en tempos do humanismo, 1952), Études sur Bartolomé de las Casas (Estudios sobre Bartolomé de las Casas, 1965), etc.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Dijon -
Deceso
Lugar : París