Batallán González, Luís Emilio
Batallán González, Luís Emilio
Cantautor. Simultaneou a súa profesión de médico co mundo da canción. Dende que gravou o seu primeiro disco, Ahí vén o maio (1975), a súa obra vén sendo referente obrigado na historia da canción galega. O repertorio inclúe poemas musicados dun amplo abano de autores da nosa literatura (Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro) e producións propias. Posteriores gravacións son Ballet da nena (1990), Eres un fármaco (1993), con textos en galego e castelán, Tu retrato (2007), Había que chegar (2014) e 70 y 29 (2016)
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela