Batán, illas
Batán, illas
Grupo de pequenas illas das Filipinas, no estreito de Luzón, ao N da illa de Luzón, que constitúen a provincia administrativa de Batanes. A poboación concéntrase nas chairas litorais e os seus principais recursos económicos son a agricultura e as minas de carbón. O maior núcleo de poboación é a cidade de Basco, na illa de Batán.