Batea

Batea

Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, no val do río de Algars (1.985 h [1996]). Os principais cultivos son a vide e as oliveiras. Tamén hai granxas avícolas. As actividades industriais máis sobranceiras son a elaboración de viños e licores, xunto á confección téxtil. A igrexa parroquial de San Miguel (s XVII) posúe unha fachada barroca ricamente ornamentada. A Praza Maior, porticada, data dos ss XIII e XIV. No Tossal del Moro atópase o emprazamento dun poboado ibérico.