batente
batente
(< bater)
-
adx
Que bate.
Ex: Os fortes e batentes brazos do heroe tiñan as veas inchadas.
-
s
m
-
Parte do marco dunha porta ou dunha ventá onde bate a folla cando se pecha.
Ex: O vento abriu de súpeto a ventá e rompeu os vidros ó dar contra o batente.
-
Folla dunha ventá ou dunha porta que se pecha antes ca a outra.
Ex: Trillei o dedo entre o batente da porta e o seu marco.
-
-
s
m
Poste no que se apoia unha cancela para pechala.
Ex: Arranxamos o batente que derrubara o tractor.
-
s
m
Lugar do litoral no que rompen ou baten as ondas.
Ex: Foi buscar percebes polos batentes.
-
s
m
[IND]
Nalgunhas industrias, local onde se fai a operación de bater.