bater

bater

(< lat battuĕre‘golpear’)

  1. v t

    Provocar que algunha cousa choque contra outra violentamente.

    Ex: Incomodouse e bateu con forza o puño contra a mesa.

  2. v t

    Mover con ímpeto unha cousa, sobre todo se vai acompañado de ruído.

    Ex: A cría da pega xa comezaba a bater as ás porque desexaba voar. Os remeiros do batel batían os remos vigorosamente para ir máis rápidos.

  3. v t

    Mover e remexer enerxicamente algunha substancia para que se condense, se faga máis líquida, se mesture perfectamente ou se disolva.

    Ex: Bate ben o verniz para que quede máis solto. Bateu as claras a punto de neve co batedor para facer o biscoito.

  4. v t

    encer o adversario ou ser máis poderoso ca el.

    Ex: Os muíños de vento bateron a Don Quixote.

  5. v t

    Rexistrar e percorrer un lugar para levantar a caza ou para buscar persoas ou cousas ocultas.

    Ex: Bateron o monte, pero non toparon ningún porco bravo.

  6. v t

    Fabricar e cuñar moeda.

  7. v t
    1. [OFIC]

      Traballar a golpes de martelo un metal (ouro, cobre, etc) ata reducilo ao grosor dunha chapa ou lámina máis ou menos delgada.

    2. [GRÁF]

      Golpear cun mazo ou martelo o volume para reducir ou eliminar o resalte da impresión.

  8. v t [BÉL]

    Atacar ou alcanzar unha muralla ou posición utilizando disparos de canóns.

  9. [DEP]
    1. v t

      encer ou gañar a un contrincante.

      Ex: O equipo visitante bateu o equipo local.

    2. bater a marca

      Nun deporte competitivo, obter un resultado superior ao mellor rexistrado con anterioridade e regulamentariamente homologado e recoñecido polas institucións responsables do deporte en cuestión.

      Ex: No 1999 Andrés Díaz bateu a marca europea dos 1.500 m.

    3. bater o porteiro/a porta/a portería

      Acadar un tanto nos deportes de oposición nos que o obxectivo do xogo é introducir un balón, ou outro obxecto móbil (disco, pelota, etc) no interior dunha meta defendida polo equipo contrario, superando a oposición do porteiro, ao que o regulamento concede posibilidades de intervención no xogo distintas ás que rexen para os demais participantes e que ten como principal misión evitar que esa circunstancia se produza.

  10. v t [TÉXT]

    Darlles golpes repetidos, manualmente ou con batedores, aos tecidos na operación de batedura.

  11. v t [TÉXT]

    Formar as mallas nas máquinas de tecido de punto. Fanse pasar as mallas da pasada anterior sobre o orificio da agulla de prensa ou a lingüeta da agulla selfactina, ata que caian ao atopar o baleiro, momento no que as mallas son retidas polas recollidas formadas un momento antes e se forma unha nova ringleira de mallas.

  12. v i

    Dar golpes en alguén ou nalgunha cousa. OBS: Nesta acepción o verbo rexe preposición en.

    Ex: Batéronlle nun vidro da casa cunha pedra e ninguén sabe quén foi. Deixa de bater no boneco que non ten a culpa.

    Sinónimos: atizar, petar. Confrontacións: apancar, brear, golpear.
  13. v i

    Levar un golpe contra algo.

    Ex: O coche escorregou na curva e foi bater contra a viña. Bateu cos fociños na porta.

    Sinónimos: atopar, topar, tropezar.
  14. v i

    Encontrar algunha cousa ou a alguén por casualidade. OBS: Nesta acepción o verbo rexe preposición con.

    Ex: Batín con ela na panadería.

    Sinónimos: atopar, topar, tropezar.
  15. v i

    Golpear de seguido ou a intervalos unha cousa en movemento contra algo.

    Ex: A chuvia batía contra os cristais do coche. O mar bate moi forte nestas rochas escarpadas. O vento batía contra as árbores da alameda.

  16. v i

    Dar o sol, o vento ou o aire intensamente nun lugar.

    Ex: O sol batía con forza na praia e decidín marchar.

  17. v i

    Dar no branco.

    Ex: Estivemos xogando á chave e o rapaz batíalle ben para ser a primeira vez que xogaba.

    Sinónimos: acertar, atinar, acertar. Antónimos: errar, fallar.
  18. v i

    Soar un reloxo anunciando a hora.

    Ex: Xa son máis das once porque xa bateu hai un pouco o reloxo da igrexa.

  19. v pron

    Enfrontarse individuos ou grupos de persoas, especialmente como resposta a un desafío.

    Ex: Don Álvaro Mesía e o rexente batéronse polo honor de Ana Ozores na obra de Clarín La Regenta.

  20. v pron

    Golpearse as follas dunha ventá ou dunha porta contra o batente.

    Ex: As ventás batéronse tan forte que romperon os batentes.

  21. bater as mans

    Xuntar as mans provocando un son en sinal de admiración, de conformidade, etc.

    Sinónimos: aplaudir.
  22. bater o corazón

    Latexar o corazón con intensidade.

    Ex: Báteme tanto o corazón que non podo seguir correndo.

    Sinónimos: palpitar.
  23. bater o leite

    Mazar o leite para obter a manteiga.

  24. bater os dentes

    Golpear repetidamente os dentes de xeito involuntario por unha sensación de frío ou de medo.

  25. baterse en retirada [BÉL]

    Ceder o campo ante o empuxe do inimigo.

Frases feitas

  • A bater. Abondosamente.

  • Andar batendo na chanca/no zonco. Andar deambulando sen tirar proveito.

  • Bater coas patas/cos pés no cú. Botar a correr.

  • Bater o queixo/as queixadas/os queixelos. Golpear repetidamente os dentes de xeito involuntario polo frío ou medo.

  • Bater o zoco. Andar dun sitio para outro.

  • Bater xusto. Coincidir con algunha cousa.

  • Chegar batendo as tercianas. Estar moi delgado.

  • Como se bateran en estopa/bater en ferro frío. En balde.

  • Ir bater a. Chegar a algún sitio por casualidade.

  • Onde iría bater. Onde estará?

Conxugar
VERBO bater
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bato
bates
bate
batemos
batedes
baten
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
batía
batías
batía
batiamos
batiades
batían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
batín
batiches
bateu
batemos
batestes
bateron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
batera
bateras
batera
bateramos
baterades
bateran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baterei
baterás
baterá
bateremos
bateredes
baterán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
batería
baterías
batería
bateriamos
bateriades
baterían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bata
batas
bata
batamos
batades
batan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
batese
bateses
batese
batesemos
batesedes
batesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bater
bateres
bater
batermos
baterdes
bateren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
bate
-
-
batede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bater
bateres
bater
batermos
baterdes
bateren
Xerundio batendo
Participio batido
batida
batidos
batidas