bater
(< lat battuĕre‘golpear’)
-
v t
Provocar que algunha cousa choque contra outra violentamente.
Ex: Incomodouse e bateu con forza o puño contra a mesa.
-
v t
Mover con ímpeto unha cousa, sobre todo se vai acompañado de ruído.
Ex: A cría da pega xa comezaba a bater as ás porque desexaba voar. Os remeiros do batel batían os remos vigorosamente para ir máis rápidos.
-
v t
Mover e remexer enerxicamente algunha substancia para que se condense, se faga máis líquida, se mesture perfectamente ou se disolva.
Ex: Bate ben o verniz para que quede máis solto. Bateu as claras a punto de neve co batedor para facer o biscoito.
-
v t
encer o adversario ou ser máis poderoso ca el.
Ex: Os muíños de vento bateron a Don Quixote.
-
v t
Rexistrar e percorrer un lugar para levantar a caza ou para buscar persoas ou cousas ocultas.
Ex: Bateron o monte, pero non toparon ningún porco bravo.
-
v t
Fabricar e cuñar moeda.
-
v t
-
[OFIC]
Traballar a golpes de martelo un metal (ouro, cobre, etc) ata reducilo ao grosor dunha chapa ou lámina máis ou menos delgada.
-
[GRÁF]
Golpear cun mazo ou martelo o volume para reducir ou eliminar o resalte da impresión.
-
[OFIC]
-
v t
[BÉL]
Atacar ou alcanzar unha muralla ou posición utilizando disparos de canóns.
-
[DEP]
-
v t
encer ou gañar a un contrincante.
Ex: O equipo visitante bateu o equipo local.
-
bater a marca
Nun deporte competitivo, obter un resultado superior ao mellor rexistrado con anterioridade e regulamentariamente homologado e recoñecido polas institucións responsables do deporte en cuestión.
Ex: No 1999 Andrés Díaz bateu a marca europea dos 1.500 m.
-
bater o porteiro/a porta/a portería
Acadar un tanto nos deportes de oposición nos que o obxectivo do xogo é introducir un balón, ou outro obxecto móbil (disco, pelota, etc) no interior dunha meta defendida polo equipo contrario, superando a oposición do porteiro, ao que o regulamento concede posibilidades de intervención no xogo distintas ás que rexen para os demais participantes e que ten como principal misión evitar que esa circunstancia se produza.
-
v t
-
v t
[TÉXT]
Darlles golpes repetidos, manualmente ou con batedores, aos tecidos na operación de batedura.
-
v t
[TÉXT]
Formar as mallas nas máquinas de tecido de punto. Fanse pasar as mallas da pasada anterior sobre o orificio da agulla de prensa ou a lingüeta da agulla selfactina, ata que caian ao atopar o baleiro, momento no que as mallas son retidas polas recollidas formadas un momento antes e se forma unha nova ringleira de mallas.
-
v i
Dar golpes en alguén ou nalgunha cousa. OBS: Nesta acepción o verbo rexe preposición en.
Ex: Batéronlle nun vidro da casa cunha pedra e ninguén sabe quén foi. Deixa de bater no boneco que non ten a culpa.
Sinónimos: atizar, petar. Confrontacións: apancar, brear, golpear. -
v i
Levar un golpe contra algo.
Ex: O coche escorregou na curva e foi bater contra a viña. Bateu cos fociños na porta.
Sinónimos: atopar, topar, tropezar. -
v i
Encontrar algunha cousa ou a alguén por casualidade. OBS: Nesta acepción o verbo rexe preposición con.
Ex: Batín con ela na panadería.
Sinónimos: atopar, topar, tropezar. -
v i
Golpear de seguido ou a intervalos unha cousa en movemento contra algo.
Ex: A chuvia batía contra os cristais do coche. O mar bate moi forte nestas rochas escarpadas. O vento batía contra as árbores da alameda.
-
v i
Dar o sol, o vento ou o aire intensamente nun lugar.
Ex: O sol batía con forza na praia e decidín marchar.
-
v i
Dar no branco.
Ex: Estivemos xogando á chave e o rapaz batíalle ben para ser a primeira vez que xogaba.
Sinónimos: acertar, atinar, acertar. Antónimos: errar, fallar. -
v i
Soar un reloxo anunciando a hora.
Ex: Xa son máis das once porque xa bateu hai un pouco o reloxo da igrexa.
-
v pron
Enfrontarse individuos ou grupos de persoas, especialmente como resposta a un desafío.
Ex: Don Álvaro Mesía e o rexente batéronse polo honor de Ana Ozores na obra de Clarín La Regenta.
-
v pron
Golpearse as follas dunha ventá ou dunha porta contra o batente.
Ex: As ventás batéronse tan forte que romperon os batentes.
-
bater as mans
Xuntar as mans provocando un son en sinal de admiración, de conformidade, etc.
Sinónimos: aplaudir. -
bater o corazón
Latexar o corazón con intensidade.
Ex: Báteme tanto o corazón que non podo seguir correndo.
Sinónimos: palpitar. -
bater o leite
Mazar o leite para obter a manteiga.
-
bater os dentes
Golpear repetidamente os dentes de xeito involuntario por unha sensación de frío ou de medo.
-
baterse en retirada
[BÉL]
Ceder o campo ante o empuxe do inimigo.
Frases feitas
-
A bater. Abondosamente.
-
Andar batendo na chanca/no zonco. Andar deambulando sen tirar proveito.
-
Bater coas patas/cos pés no cú. Botar a correr.
-
Bater o queixo/as queixadas/os queixelos. Golpear repetidamente os dentes de xeito involuntario polo frío ou medo.
-
Bater o zoco. Andar dun sitio para outro.
-
Bater xusto. Coincidir con algunha cousa.
-
Chegar batendo as tercianas. Estar moi delgado.
-
Como se bateran en estopa/bater en ferro frío. En balde.
-
Ir bater a. Chegar a algún sitio por casualidade.
-
Onde iría bater. Onde estará?
Palabras veciñas
Bateman, Henry Mayo | batente | bateo | bater | batería | Bates, Alan | Bates, Henry WalterIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bato
bates
bate
batemos
batedes
baten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles batía
batías
batía
batiamos
batiades
batían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles batín
batiches
bateu
batemos
batestes
bateron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles batera
bateras
batera
bateramos
baterades
bateran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baterei
baterás
baterá
bateremos
bateredes
baterán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles batería
baterías
batería
bateriamos
bateriades
baterían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bata
batas
bata
batamos
batades
batan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles batese
bateses
batese
batesemos
batesedes
batesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bater
bateres
bater
batermos
baterdes
bateren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
bate
-
-
batede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bater
bateres
bater
batermos
baterdes
bateren
batida
batidos
batidas