atopar

atopar

(

  1. v t

    Localizar algunha cousa ou a alguén que se estaba buscando ou sen buscala.

    Ex: Aínda non atopei os fíos que ando buscando. Ía pola rúa e atopei a Xoán.

    Sinónimos: encontrar, topar. Antónimos: perder, perder.
  2. v t

    Chegar a dispor dalgunha cousa.

    Ex: Cando atopes un oco libre do teu tempo vén falar comigo.

    Sinónimos: encontrar, topar.
  3. v t

    er algunha cousa ou a algunha persoa despois de moito tempo sen vela.

    Ex: Atopei os teus pais moi cambiados. Despois de vinte anos atopou a aldea irrecoñecible.

    Sinónimos: encontrar, topar.
  4. v t

    Xulgar que alguén está dunha determinada maneira.

    Ex: Non o atopo moi ben, mais ben parece que está enfermo.

    Sinónimos: encontrar, topar.
  5. v t

    Descubrir a causa ou a solución dalgunha cousa.

    Ex: Atopei que gastara máis do que pensaba e por iso non me daban as contas. Aínda non atoparon os motivos do abandono da competición.

    Sinónimos: topar.
  6. v pron

    Estar dun determinado xeito ou nun determinado lugar.

    Ex: Non queren casar, atópanse ben solteiros. Agora mesmo atópase de viaxe nalgún lugar de América.

  7. v pron

    Reunirse dúas ou máis persoas nun lugar determinado.

    Ex: Atopámonos na porta da súa casa para ir ó teatro.

  8. v i e pron

    er a alguén ou algunha cousa sen esperalo.

    Ex: Atopáronse cos teus avós na feira. Atopei con teu cuñado no circo.

Frases feitas

  • Atopar a forma do seu zapato. Topar co adversario adecuado.

  • Atopar a porta aberta. Ser ben recibido.

  • Atopar a porta do fío. Topar o miolo dalgún asunto.

  • Atopar o camiño aberto. Achar o exemplo ou a ocasión axeitados.

  • Atopar o zapato que afai a un. Topar coa parella axeitada ou a alguén que se coñece moi ben.

  • Atoparlle o pé coxo a alguén. Saberlle os defectos.

  • Atoparlle o teto á vaca. Topar algunha cousa que pode ser rendible.

  • Atoparse con encomendadas. Pararse en cousas que non teñen demasiada importancia.

  • Atopou con quen as daba. Fixérono ser máis humilde.

  • Non atopar acomodo. Non sentirse ben.

Refráns

  • Acórdame agora que te atopo, que, se non te atopara, non me acordara.
  • Atópanse os homes e non os montes.
  • Cousa atopada non é roubada.
  • Moitas veces atopan uns o que perderon outros.
  • O atopado non é furtado.
  • O que deixa, sempre atopa.
  • O que sabe buscar, sempre algo ha de encontrar.
  • Onde non hai nada, nada se pode atopar.
  • Todos me atopan a min e eu non atopo a ni nguén.
  • Vale máis atopalo que perdelo.
Conxugar
VERBO atopar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atopo
atopas
atopa
atopamos
atopades
atopan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atopaba
atopabas
atopaba
atopabamos
atopabades
atopaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atopei
atopaches
atopou
atopamos
atopastes
atoparon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atopara
atoparas
atopara
atoparamos
atoparades
atoparan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atoparei
atoparás
atopará
atoparemos
atoparedes
atoparán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atoparía
atoparías
atoparía
atopariamos
atopariades
atoparían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atope
atopes
atope
atopemos
atopedes
atopen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atopase
atopases
atopase
atopasemos
atopasedes
atopasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atopar
atopares
atopar
atoparmos
atopardes
atoparen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
atopa
-
-
atopade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
atopar
atopares
atopar
atoparmos
atopardes
atoparen
Xerundio atopando
Participio atopado
atopada
atopados
atopadas