perder
(< lat perdĕre)
-
v t
Deixar de ter algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen todo quere, todo o perde. Por falar ben non se perde nada e antes se gaña. Come para vivir e non vivas para comer, que podes perder. Con facer ben, pouco se pode perder. Quen malas mañas ten no berce, tarde ou nunca as perde. Ola que moito ferve, sazón perde. Arrieiro dunha besta, cesteiro dunha cesta e pescador dunha cana, perde máis que gaña. O perder, moitas veces é gañar. Bens divididos, bens perdidos. Quen a can alleo dá pan, perde o pan e perde o can. Perdido por un, perdido por cento. Quen foi a Padrón, perdeu o sillón. Da man á boca, pérdese a sopa. O que empresta, perde o amigo. Tempo ido, tempo perdido”.
Ex: Perdeu moitos cartos xogando no bingo. Perdeu o respecto que tiña por seus pais. Por non ser sincero, perdeu un amigo.
-
v t
Deixar de ter algo temporal ou definitivamente, por non saber onde se encontra.
Ex: Perdín a carteira e non sei onde o puxen.
Antónimos: atopar, encontrar. -
v t
Quedar sen alguén próximo por morte ou por outro motivo.
Ex: A miña nai perdeu a seu pai na guerra. Perdeu o fillo que esperaba.
-
v t
Non tirar o debido proveito dalgunha cousa.
Ex: Vaite, non perdas máis o tempo!
Antónimos: aproveitar. -
v t
Non aproveitar ou non poder facer uso de algo por non chegar a tempo.
Ex: Como cheguei tarde perdín o primeiro gol. Perdín o barco e tiven que esperar o seguinte.
-
v t
Ocasionar a ruína moral de alguén.
Ex: Perdeuno a bebida.
-
v t
Botar un recipiente fóra o seu contido, xeralmente por estar furado ou en mal estado.
Ex: Esa xerra perde o viño todo. A roda perde aire. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: O barril perde.
Sinónimos: deitar, derramar, verter. -
v t
Chegar ao final dunha competición ou loita sen vantaxe sobre o contrario.
Ex: Perderon o partido. Perdemos unha batalla, pero non a guerra. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Onte perdín toda a noite.
Antónimos: ganar, gañar. -
v i
Empeorar o aspecto, situación, estado ou calidade de algo ou alguén.
Ex: Ese rapaz moito perdeu desde que era novo. Co cambio de traballo saíu perdendo. O programa perdeu moito cando cambiaron de presentadora.
-
-
v pron
Deixar de existir ou de manifestarse algunha cousa.
Ex: Co tempo perdeuse o uso do carro para os labores do campo.
-
Deixar de ser perceptible algo.
Ex: O seu aroma perdíase no aire. Co temporal perdíase seguido a comunicación co barco.
-
v pron
-
v pron
-
Non acertar coa ruta, camiño ou lugar ou non saber onde se está.
Ex: A meniña perdeuse na festa. Perdinme no ramal da dereita.
-
Distraerse unha persoa.
Ex: Perdinme cando o relator comezou a dar datos estatísticos. Perdeuse na lectura e comezou de novo.
-
-
v pron
Ir dar a un sitio que se descoñece.
Ex: As maletas perdéronse e non chegaron a Santiago.
-
v pron
Estragarse un alimento e non ser apto para o consumo.
Ex: Con tanta calor perdeuse toda a froita. Perdeuse toda a colleita de uva deste ano.
-
v pron
Sufrir alguén a destrución moral.
Ex: Perdeuse por culpa do alcohol.
Frases feitas
-
2 Quedar alguén sen as facultades ou calidades que posuía. Ex: Os vicios botárono a perder.
-
Botar(se) a perder 1 Estragarse ou derramarse algo
-
Non perder de vista 1 Vixiar con moita atención algo ou alguén. Ex: Non perdas de vista os pasos de teu irmán.
-
. Ex: As peras botáronse a perder co cambio de tempo.
-
2 Perder o contacto con. Ex: Perdín de vista a moitos amigos da facultade.
-
2 Ter en conta. Ex: Non se pode perder de vista que foi el quen iniciou a investigación.
-
Perder a conta. Deixar de saber cantos son. Ex: Xa perdín a conta de cantos anos levo preso.
-
Perder a mitra. Perder moito diñeiro.
-
Perder de vista 1 Deixar de ver. Ex: Perdín de vista o coello.
-
Perder o coiro e mais a polpa. Perder todo o proveito dun negocio.
-
Perder o fío. Esquecer momentaneamente o que se estaba a dicir, falar ou escoitar.
-
Perder os ollos. Arruinarse completamente.
-
Perder os tentos. Entumecerse os dedos co frío.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles perdo
perdes
perde
perdemos
perdedes
perden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles perdía
perdías
perdía
perdiamos
perdiades
perdían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles perdín
perdiches
perdeu
perdemos
perdestes
perderon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles perdera
perderas
perdera
perderamos
perderades
perderan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles perderei
perderás
perderá
perderemos
perderedes
perderán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles perdería
perderías
perdería
perderiamos
perderiades
perderían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles perda
perdas
perda
perdamos
perdades
perdan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles perdese
perdeses
perdese
perdesemos
perdesedes
perdesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles perder
perderes
perder
perdermos
perderdes
perderen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
perde
-
-
perdede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles perder
perderes
perder
perdermos
perderdes
perderen
perdida
perdidos
perdidas