encontrar

encontrar

(< lat ĭn cŏntra)

  1. v t
    1. Atopar algo ou alguén que se buscaba.

      Ex: Tardamos varias horas en encontralos. Ata que encontres as chaves non podemos marchar. Encontrou o remedio para a súa doenza.

      Sinónimos: topar.
    2. Atopar alguén unha persoa ou cousa sen buscala.

      Ex: Encontrei na rúa un billete de vinte euros. Encontreino nas escaleiras.

      Sinónimos: topar.
  2. v t

    er algo ou alguén nun determinado estado ou circunstancia.

    Ex: Encontrei os papeis espallados polo chan. Encontreino sentado na cadeira.

    Confrontacións: atopar, topar.
  3. v t

    Xulgar ou considerar algo ou alguén dunha determinada maneira.

    Ex: Encontro a reforma innecesaria. Todos o encontran moi agradable.

  4. v pron

    Atoparse alguén unha persoa ou cousa sen buscala.

    Ex: Saín da casa e encontreime cun magnífico día. Encontrouse con Ana no parque.

  5. v pron
    1. Reunirse ou xuntarse dúas ou máis persoas no mesmo lugar.

      Ex: Encontrarémonos no lugar de sempre.

    2. Confluír dúas ou máis cousas no mesmo punto.

      Ex: O Sil encóntrase co Miño nos Peares.

  6. v pron

    Chocar ou enfrontarse, especialmente persoas ou opinións.

    Ex: Encontráronse pola custodia dos fillos. Os exércitos encontráronse no campo de batalla.

  7. v pron
    1. Estar nun lugar determinado.

      Ex: Cando a chamaron encontrábase no camiño. Encontrábase en Italia en abril de 1981.

    2. Estar algo ou alguén dentro dun grupo determinado.

      Ex: Encóntrase entre os escritores máis sobranceiros deste século.

  8. v pron
    1. Sentirse alguén dunha maneira determinada.

      Ex: Encontrábase moi mal e foi ó hospital.

    2. Sentirse a gusto. OBS: Normalmente, utilízase en oracións negativas.

      Ex: Non me encontro no medio de tanta xente famosa.

Conxugar
VERBO encontrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
encontro
encontras
encontra
encontramos
encontrades
encontran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
encontraba
encontrabas
encontraba
encontrabamos
encontrabades
encontraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
encontrei
encontraches
encontrou
encontramos
encontrastes
encontraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
encontrara
encontraras
encontrara
encontraramos
encontrarades
encontraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
encontrarei
encontrarás
encontrará
encontraremos
encontraredes
encontrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
encontraría
encontrarías
encontraría
encontrariamos
encontrariades
encontrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
encontre
encontres
encontre
encontremos
encontredes
encontren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
encontrase
encontrases
encontrase
encontrasemos
encontrasedes
encontrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
encontrar
encontrares
encontrar
encontrarmos
encontrardes
encontraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
encontra
-
-
encontrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
encontrar
encontrares
encontrar
encontrarmos
encontrardes
encontraren
Xerundio encontrando
Participio encontrado
encontrada
encontrados
encontradas