encontro
encontro
(< encontrar)
-
s
m
Acción de encontrar ou encontrarse.
-
s
m
Entrevista entre dúas ou máis persoas.
Ex: O encontro entre os ministros quedou fixado para a próxima semana.
-
s
m
[DEP]
Competición deportiva.
Ex: Vai participar no encontro clasificatorio para o mundial de natación.
Confrontacións: contenda, partido, partido. -
s
m
[HERÁLD]
Cabeza de animal, agás de leopardo, posta de cara e sen pescozo.
-
s
m
[CONSTR]
Ángulo que forman dúas soleiras.
-
s
m
[ARQUIT]
Parte do muro que está situada entre unha esquina e un van.
Frases feitas
-
Ir/Saír/Vir ao encontro de alguén. Dirixirse cara a alguén para recibilo.
-
Ter un encontro con alguén. Ter unha discusión ou un enfrontamento.