Encontros de Teatro de Galicia e Portugal
Encontros de Teatro de Galicia e Portugal
[ESPECT]
Xornadas de análise e debate sobre o feito teatral que se celebraron en Cangas do Morrazo (1997, 1998 e 1999) e Viana do Castelo (1997, 1998), organizadas polo Teatro do Noroeste de Viana, pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e polo Instituto Galego de Estudios e Investigacións Teatrais (INGAT), e baixo a dirección de José Martins e Manuel F. Vieites. Participaron actores, directores, escenógrafos, dramaturgos, críticos, programadores e outros creadores vinculados á creación teatral. Os relatorios e debates publicáronse en Ensaio, Revista de Teatro de Galicia e do Norte de Portugal.