ganar
(< xerm waidanjan‘colleitar’)
-
v t
Conseguir alguén algo con traballo e esforzo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Moito ganou o que noutro escarmentou. Nada ganou o que non escarmentou. Non se gana o pan sin afán. O bo ganar fai o bo gastar. Onde non se perde nada, sempre algo se gana. Onde se gana gástase, e onde se gasta gánase. O que sementa e cría, tanto gana de noite como de día. Pouco vale ganar sen gardar. Ten coidado de ganar, que tempo che queda para gastar”.
Ex: Ganou moitos cartos co seu negocio. Ganei moitos amigos durante a miña estancia nesa aldea. Precisa ganar máis confianza en si mesmo.
Sinónimos: gañar. -
v t
Percibir un soldo por un traballo realizado.
Ex: Gana menos do que merece.
Sinónimos: cobrar, gañar. -
v t
Obter un premio.
Ex: Ganou un xamón na rifa de Nadal.
Sinónimos: gañar. -
v t
encer nun xogo, competición ou confrontación.
Ex: Ganou o campionato de dominó.
Sinónimos: gañar, triunfar. Antónimos: perder, perder. -
v t
Captar ou atraer a vontade de alguén.
Ex: Ganou moitos partidarios co novo programa de goberno.
Sinónimos: gañar. Antónimos: perder, perder. -
v t
Merecer alguén algo.
Ex: Vas ganar unha labazada como non deixes de protestar.
Sinónimos: gañar. -
v t
Chegar a un lugar algo ou alguén.
Ex: Ganaron o cume da montaña pola cara norte.
Sinónimos: gañar. -
v t
Conquistar ou alcanzar algo nunha confrontación bélica.
Ex: Ganaron a guerra.
Sinónimos: gañar. Antónimos: perder, perder. -
v i
Mellorar en calquera aspecto ou con certa cousa.
Ex: Ganou serenidade cos anos. A casa ganou coa nova decoración.
Sinónimos: gañar. Antónimos: perder, perder. -
v i
Ser superior a alguén ou a algo.
Ex: Gánalles a todos en picardía.
Sinónimos: avantaxar, gañar, superar.
Frases feitas
-
Ganar a dianteira. Pasar para adiante nunha competición.
-
Ganar a palma. Lograr a vitoria.
-
Ganar a vida. Conseguir os medios económicos necesarios para vivir.
-
Ganar a volta. Envorcar.
Refráns
- A ganancia vai na compra.
- Animal de bico non fai ao amo rico.
- Arrieiro dunha besta, cesteiro dunha cesta e pescador dunha cana, perde máis do que gaña.
- Honra e proveito non caben nun queipo.
- O ben gañar fai o ben gastar.
- O bo gañar fai o bo gastar.
- O bo gañar trae o bo gastar.
- O home mancebo gaña, inda perdendo.
- O mal gañado lévao o diaño.
- Ten coidado de gañar, que tempo che queda para gastar.
- Traballar e non medrar é cousa para rabear ou tolear.
- Traballar para medrar e sempre pobre estar, mal se pode aturar.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gano
ganas
gana
ganamos
ganades
ganan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ganaba
ganabas
ganaba
ganabamos
ganabades
ganaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ganei
ganaches
ganou
ganamos
ganastes
ganaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ganara
ganaras
ganara
ganaramos
ganarades
ganaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ganarei
ganarás
ganará
ganaremos
ganaredes
ganarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ganaría
ganarías
ganaría
ganariamos
ganariades
ganarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gane
ganes
gane
ganemos
ganedes
ganen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ganase
ganases
ganase
ganasemos
ganasedes
ganasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ganar
ganares
ganar
ganarmos
ganardes
ganaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
gana
-
-
ganade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ganar
ganares
ganar
ganarmos
ganardes
ganaren
ganada
ganados
ganadas