Bateson, William
Bateson, William
Biólogo inglés. Foi un dos vangardistas das investigacións sobre a herdanza. Partidario da teoría da evolución de Darwin, defendía a existencia de cambios bruscos herdables. Redescubriu os artigos de Mendel no 1900, ao mesmo tempo que outros científicos como De Vries. Foi profesor de Xenética na Universidade de Cambridge entre 1908 e 1910 e, posteriormente, dirixiu a institución de horticultura John Innes de Londres. As súas obras máis importantes son Mendel’s principles of heredity (Principios da herdanza de Mendel, 1909) e Problems of Genetics (Problemas de Xenética, 1913).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Whitby, Yorkshire -
Deceso
Lugar : Merton, Surrey