Baumgart, Reinhard
Escritor e crítico literario alemán. É autor de ensaios como Literatur für Zitgenossen (Literatura para contemporáneos, 1966), Aussichten des Romans (Perspectivas da novela, 1968) e Die Verdrängte Phantasie (A imaxinación reprimida, 1972). Escribiu, así mesmo, as novelas Der Löwengarten (O xardín dos leóns, 1961), Hausmusik: ein deutsches Familienalbum (Veladas musicais: un álbum alemán de familia, 1962) e Panzer-Lreuzer Potjomkim (O acoirazado Potemkin, 1967). As dúas últimas obras reflicten de forma crítica a actual sociedade alemá en relación co seu pasado fascista. Tamén escribiu teatro, dándose a coñecer con Jettchen Geberts Geschichte (A historia de Queta Gebert, 1978) e Wahlverwandtschaften (As afinidades electivas, 1981), obra baseada na novela homónima de Goethe.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Breslau