Bawdwin
Bawdwin
Centro mineiro de Myanmar con reservas de prata, chumbo, estaño, volframio, cinc, cobre e níquel. A explotación dos xacementos de prata e de chumbo comezou no s XIX. Abandonados no 1855, foron abertos de novo en 1907 pola British and Burma Corporation Limited. A produción acadou o seu máximo apoxeo no ano 1935 e diminuíu fortemente a partir da Segunda Guerra Mundial.