Baxoi

Baxoi

Río que desemboca na beira oriental da ría de Betanzos. Nace da confluencia dos ríos Anduriña e Vilariño, no límite entre as parroquias de Vilachá (Monfero), Grandal e Doroño (Vilarmaior). O seu curso adopta unha dirección L-O, coa que atravesa a parroquia de Doroño para penetrar no concello de Miño pola parroquia de Carantoña, onde vira cara ao SO. Nesa dirección atravesa a parroquia de Leiro e chega á de Miño, onde, no límite coa parroquia de Castro, desemboca na enseada de Bañobre, na que as súas achegas, xunto coas do río Xario e mais coa dinámica mariña, formaron a barra da Praia Grande.