Bayeux

Bayeux

Cidade do departamento de Calvados, na Baixa Normandía, Francia, centro do Bessin (14.704 h [1990]). Mercado agrícola e pequeno núcleo industrial (imprenta e plásticos); a súa manufactura tradicional de encaixes ten moita sona. A catedral de Notre-Dame, edificada orixinariamente no s XI, foi reconstruída no s XIII e é unha mostra típica do gótico normando. O museo da Raiña Matilde contén o Tapiz de Bayeux. Cidade de orixe galorromana, foi saqueada numerosas veces por causa das invasións normandas -ata a formación de Normandía, no s X-, da Guerra dos Cen Anos (1356) e das guerras de relixión. Durante a Segunda Guerra Mundial estivo en poder dos nazis ata que foi conquistada polos aliados en 1944.