Bayeux, Tapiz de
Bayeux, Tapiz de
Denominación coa que é coñecido o bordado de 70,34 m por 50,55 cm que se conserva no museo da Raíña Matilde de Bayeux. Tamén recibe o nome de Tapiz da Raíña Matilde. Estímase que foi realizado entre os anos 1080 e 1090. É unha obra de notable realismo e consta dunhas 70 escenas que representan a conquista normanda de Inglaterra. Trátase dunha das raras pezas medievais de tema profano.