Bazán

Bazán

Publicación subtitulada “Boletín interior informativo” da Empresa Nacional Bazán, de Ferrol. De periodicidade mensual e monolingüe en castelán, apareceu por primeira vez na primavera de 1957. Nela colaboraron, entre outros, o xornalista coruñés Bocelo, e os poetas Cunqueiro e González Garcés. Entre as súas seccións, á parte das dedicadas á información sobre a propia empresa, incluía algunhas de carácter cultural como “Las letras, las artes y el cine” e mesmo algún poema en galego.