BCG
BCG
Nome científico:
[Bacilo de Calmette e Guérin]
[MICROB]
Forma de Mycobacterium tuberculosis exenta de virulencia, pero co resto das características iguais aos dos bacilos típicos, resultado de sementar sucesivamente xermes virulentos procedentes de bois, nun medio de cultivo constituído por fragmentos de pataca parcialmente mergullados en bile de boi glicerinada. Emprégase para producir unha infección mínima, non evolutiva, que preserve da primoinfección tuberculosa. A vacina BCG foi aplicada por primeira vez en 1921.