BCS, teoría

BCS, teoría
[FÍS]

Teoría cuántica xeral da supercondutividade establecida por J. Bardeen, L. N. Cooper e J. R. Schrieffer no ano 1957, polo que lles foi concedido o Premio Nobel no ano 1972. Segundo esta teoría, todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.

Palabras veciñas

Bcc | BCD | BCG | BCS, teoría | BD | BDS | be