Bearn o la sala de las muñecas
Bearn o la sala de las muñecas
[IMAX]
Produción española baseada na novela homónima de Llorenç Villalonga, realizada en 1983 por Jaime Chávarri. Entre os actores figuran Fernando Rey, Ángela Molina, Amparo Soler Leal e Imanol Arias. As lembranzas do capelán Juan Mayol, protexido dos señores Bearn, na Mallorca de mediados do s XIX, serven para a análise da sociedade aristocrática da illa. Un asasinato, unha misteriosa muller, Xima, e uns papeis gardados na sala das bonecas da mansión dos Bearn fundamentan unha historia que procura a analoxía coa famosa Il Gattopardo (1963) de Luchino Visconti.