Beas

Beas

Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, drenado polo Odiel, que pasa a uns 10 km do poñente da vila de Beas (4.232 h [1996]). A súa economía é de base agrícola e gandeira. Entre as actividades industriais, vencelladas ao sector agropecuario, destaca a destilación de plantas aromáticas.