Beasain
Beasain
Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, drenado polo río Oria (12.331 h [1996]). Malia que é un centro da subárea comercial agrícola e gandeira, debe a súa importancia á industria, desenvolvida a partir de 1902 coa fundación dos talleres de fabricación e reparación de material ferroviario (Compañía Auxiliar de Ferrocarriles S A). Posteriormente, desenvolvéronse os subsectores siderometalúrxico (altos fornos e maquinaria), enerxético (central térmica), químico e alimentario. Na cidade destacan a igrexa parroquial da Asunción (ss XVI-XVIII) e a casa de Yarza (s XV).