beatería

beatería

(< beato)

  1. s f

    Trazo que posúe unha persoa que se considera moi piadosa.

    Ex: Axuda a darlles de comer ós pobres desde hai moitos anos, sempre foi amigo de beaterías.

  2. s f

    Calidade da persoa que simula unha falsa devoción.

    Ex: Sempre vai falar co cura despois da misa, non sei que pretende con tanta beatería.

    Confrontacións: hipocrisía.

Refráns

  • O moito rezar pon o bico longo.
  • O que moito reza tenlle medo á morte.
  • O que moito se confesa, moito ten que confesar.
  • Quen moito vai á igrexa, algunha ten feita.
  • Se pasas pola porta do rezador, déixao rezar, que che é moito mellor.

Palabras veciñas

Beascos | Beast must die, The | beat* | beatería | beaterio | beatificación | beatificado -da