beatería
beatería
(< beato)
-
s
f
Trazo que posúe unha persoa que se considera moi piadosa.
Ex: Axuda a darlles de comer ós pobres desde hai moitos anos, sempre foi amigo de beaterías.
-
s
f
Calidade da persoa que simula unha falsa devoción.
Ex: Sempre vai falar co cura despois da misa, non sei que pretende con tanta beatería.
Confrontacións: hipocrisía.
Refráns
- O moito rezar pon o bico longo.
- O que moito reza tenlle medo á morte.
- O que moito se confesa, moito ten que confesar.
- Quen moito vai á igrexa, algunha ten feita.
- Se pasas pola porta do rezador, déixao rezar, que che é moito mellor.