Beaumont
Beaumont
Cidade do estado de Texas (EE UU) á beira do Neches (114.320 h [1990]). É un centro industrial no que destacan as refinerías de petróleo, a industria química e madeireira, e a construción naval. O seu porto forma, xuntamente cos de Port Arthur, Orange e Port Neches, un dos distritos portuarios de máis tránsito da América do Norte. Así mesmo, é un importante nó de comunicacións, tanto por estrada como por ferrocarril; conta tamén con aeroporto internacional.