Beaumont, Harry
Beaumont, Harry
Actor, guionista e realizador cinematográfico norteamericano. Foi un dos pioneiros da industria cinematográfica de Hollywood, traballando na Fox e na Warner. Logo de comezar no cine mudo, o seu apoxeo materializouse nos anos vinte, converténdose nun dos primeiros realizadores que dirixía con éxito as comedias musicais como The Broadway melody (A melodía de Broadway, 1929) e creando un estilo propio na MGM. Realizou, entre outras moitas películas, The truant soul (A alma ausente, 1916), Main street (Rúa principal, 1923), Our dancing daughters (As nosas fillas danzarinas, 1928), na que lanzou ao estrelato a actriz Joan Crawford, Maisie goes to Reno (Maisie viaxa a Reno, 1944) e Alias a gentleman (Como un cabaleiro, 1948).
Cronología
-
Nacemento
-
Deceso