Beauvoir, Simone de
Escritora. Licenciouse en Filosofía na Sorbona (1929) onde coñeceu a Jean-Paul Sartre, co que compartiu a vida influíndo notablemente no seu pensamento, e onde traballou como profesora. En 1943 iniciouse como escritora coa novela L´invitée (A invitada), onde enfocou a psicoloxía dos personaxes dun xeito renovador; posteriormente en Les mandarins (Os mandaríns, 1954), Premio Goncourt, reflectiu as loitas do intelectual francés ante a realidade da posguerra. Nos seus libros autobiográficos -Mémoires d´une jeune fille rangée (Memorias dunha rapaza formal, 1958), Une mort si douce (Unha morte tan doce, 1964)-, analizou os feitos da propia vida. Escribiu tamén ensaios sobre a filosofía existencialista, como Pyrrhus et Cinéas (Pirro e Cineas, 1944) e Pour une morale de l´ambiguïté (Para unha moral da ambigüidade, 1947), e de política e feminismo, Le deuxième sexe (O segundo sexo, 1949) e La vieillesse (A vellez, 1970). Con La cérémonie des adieux (A cerimonia dos adeuses, 1981) fixo a crónica dos últimos anos pasados en común con Sartre. Postumamente, publicáronse en 1990 as obras Diario de guerra e Cartas a Sartre.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso