Beba

Beba

Río afluente do Xallas pola esquerda que drena a parte occidental do concello de Mazaricos. Nace a 300 m de altitude no lugar de Firvado, na parroquia de Coiro (Mazaricos), na confluencia dos regos de Ribeiro, Xendil e Bao das Bestas. O seu curso adopta unha dirección S-N, coa que atravesa a parroquia de Arcos. Posteriormente, vira cara ao NO e desemboca no Xallas á altura do encoro de Ponte Olveira, no límite entre as parroquias de Beba (Mazaricos) e Olveiroa (Dumbría), logo dun percorrido de 16 km.