Beccafumi, Domenico

Beccafumi, Domenico

Pintor e escultor en bronce, coñecido co pseudónimo de Mecherino. Durante a súa estancia en Roma (1510-1512) recolleu influencias de frei Bartolommeo, Michelangelo e Raffaello, que combinou co colorismo brillante e decorativo da tradición sienesa, plasmado nos Estigmas de santa Caterina (1516); posteriormente, na súa fase manierista, fixo unha pintura a miúdo estraña e misteriosa na que predominan a sutilidade e o simbolismo sobre a preocupación estrutural. Polo seu tratamento das luces e das sombras é considerado un precusor de Caravaggio. Unha parte importante da súa obra consérvase en Siena, onde realizou decoracións na casa do concello, representando temas sobre as virtudes cívicas, e deseñou os pavimentos de mármore da catedral: O nacemento da Virxe, San Miguel, A caída dos anxos e Cristo no limbo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Valdibiena, Siena

  • Deceso

    Lugar : Siena