Becerra Bermúdez, Manuel
Político e matemático. Despois de estudar na Escuela de Ingenieros Civiles de Madrid, de onde foi expulsado, regresou á súa terra e iniciou a súa andaina no movemento republicano de Galicia. Interveu no proceso revolucionario de 1848 e na revolución de 1854. Durante o bienio progresista (1854-1856) estivo á fronte do Batallón de Ligeros, os chamados señoritos, da Milicia Nacional. Oposto a O’Donell, estivo exiliado e, ao seu regreso, dedicouse ao ensino das Matemáticas; non obstante tras participar nos sucesos de 1866 marchou novamente ao exilio. Deputado nas Cortes trala revolución de 1868 foi ministro de Ultramar no goberno do xeneral Prim (1869-1870), e ministro de Fomento con Ruiz Zorrilla (1873). Membro do partido fusionista de Sagasta ocupou de novo o ministerio de Ultramar (1888, 1890 e 1894). Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas (1855) e fillo predilecto da provincia de Lugo (1888). Escribiu Imperio Ibérico. Sus grandezas y decadencias, su influencia en el progreso y los elementos que han determinado su modo de ser (1882-1883); La paleta escrita, ademais de obras de Xeometría.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Castro de Rei -
Deceso
Lugar : Madrid