becerro -rra

becerro -rra

(< íbero *ibicirru ‘cabraibérica’)

  1. s

    Tenreiro desde que deixa de mamar ata que cumpre dous anos. A súa carne é a máis apreciada en Galicia, en especial para bistés ou chuletas fritidas, asados ao forno e cocidos.

    Ex: A vaca tivo unha becerra.

  2. s m

    Pel da cría da vaca curtida para facer zapatos e outros obxectos.

    Ex: O peleteiro mercou uns becerros para facer bolsos e cintos.

  3. s m

    Libro de pergamiño que contiña os privilexios dos mosteiros e igrexas.

  4. becerro mariño [ANIMAL]

    Mamífero mariño da orde dos pinnípedes.

Frases feitas

  • Meterlle a becerra co rabo para a corte a alguén. Causar molestias a alguén.