Becher, Erich

Becher, Erich

Filósofo alemán. Foi profesor nas universidades de Münster e Múnic. Interesouse polos problemas da filosofía da natureza, da teoría do coñecemento e da clasificación das ciencias, fundamentalmente a partir das súas investigacións sobre as ciencias naturais orgánicas e sobre os aspectos históricos destas ciencias. Algunhas das súas obras son: Philosophische Voraussetzungen der exakten Naturwissenschaften (Supostos filosóficos das Ciencias Naturais exactas, 1907), Gehirn und Seele (Cerebro e alma, 1911) ou Geisteswissenschaften und Naturwissenschaften: Untersuchungen zur Theorie und Einteilung der Realwissenschaften (Ciencias do espírito e ciencias da natureza: investigacións para a teoría e división das ciencias reais, 1921).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Reinshagen, Remscheid

  • Deceso

    Lugar : Múnic