Becher, Johanes Robert
Escritor e político alemán. En 1919 ingresou no Partido Comunista alemán. Ao publicar os poemas Der Leichnam auf dem Thron (O cadáver enriba do trono, 1925) e a novela Levisite oder Der einzig gerechte Krieg (Levisite ou a única guerra xusta, 1926) foi procesado por alta traizón. Exiliouse en 1933, logo da chegada ao poder de Hitler, instalándose na URSS de 1935 a 1945. Dende moi novo colaborou nas publicacións expresionistas Aktion (Acción) e Die Neue Kunst (A Nova Arte) e de volta a Berlín fundou a revista Sinn und Form (Significado e forma), foi presidente da Deutsche Akademie der Künste (Academia Alemana das Artes) e ministro de Cultura de 1954 a 1956. Como poeta, pasou do Expresionismo á épica popular: Neue Deutsche Volkslieder (Novas cancións populares alemanas, 1950), Ausgeswählte Dichtung aus der Zeit der Verbannung (Poesía escollida dos tempos do exilio, 1945-1946), etc. Así mesmo, é autor da novela autobiográfica Abschied (Despedida, 1940) e do drama Winterschlacht (Batalla de Inverno, 1941).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Múnic -
Deceso
Lugar : Berlín