Beckenbauer, Franz

Beckenbauer, Franz

Futbolista alemán. O seu dominio do xogo dende a posición de defensa libre organizador valeulle o alcume do Kaiser ‘césar ou emperador’. Co Bayern de Múnic, onde debutou en 1958, conseguiu en tres ocasións a Copa de Europa de clubs campións de Liga (1974, 1975 e 1976) e a Copa Intercontinental (1976). Coa selección da República Federal de Alemaña, da que foi capitán entre 1970 e 1977, proclamouse Campión do Mundo (1974) e Campión de Europa (1972), sendo tamén subcampión mundial en Inglaterra (1966). Recibiu o Balón de Ouro como mellor futbolista europeo (1972 e 1976). En 1977 fichou polo Cosmos de Nova York onde permaneceu ata 1980, ano en que volveu a Alemaña para xogar no Hamburgo, equipo co que gañou en 1982 a súa quinta Bundesliga ‘campionato alemán’. Rematada a súa etapa de xogador, converteuse en adestrador, proclamando á selección da República Federal de Alemaña Campiona do Mundo (Italia, 1990). Despois asumiu a presidencia do F. C. Bayern.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Múnic