Becker, Harold
Becker, Harold
Realizador cinematográfico norteamericano. Estudiou Historia da Arte e exerceu como fotógrafo antes de partir para Inglaterra en 1977, onde traballou como director. Os seus filmes amosan moita orixinalidade, e unha visión nada conformista da sociedade norteamericana. O erotismo e a realidade social aparecen tamén na temática das súas obras. Dirixiu, entre outras películas, Ragman’s daughter (A filla de Ragman, 1978), The black marble (O mármore negro, 1980), Vision quest (A procura da visión, 1985), Malice (Mala vontade, 1993) e City hall (A entrada da cidade, 1995).
Cronología
-
Nacemento