Begas
Begas
Familia de artistas alemáns. Karl Begas o Vello (Heinsberg 1794 - Berlín 1854), pintor discípulo de Gros, foi autor de pintura relixiosa e de retratos; os seus fillos continuaron a tradición artística; Oskar Begas (Berlín 1828-1883) foi pintor de temas históricos e relixiosos; Reinhold Begas (Berlín 1831 - 1911), escultor, foi discípulo de Rauch, influído por Michelangelo Buonarroti e a plástica barroca, é o autor dos monumentos a Schiller e a Bismarck en Berlín; e Karl Begas o Novo (Berlín 1845 - 1916), escultor.