Bego

Bego

Montaña dos Alpes Marítimos, na Occitania, na que se descubriron numerosos gravados rupestres prehistóricos, situados entre os 2.000 e 2.500 m de altitude, que representan en total unhas 40.000 figuras, divididas en diversos grupos. A maioría son representacións esquemáticas de bóvidos ou de armas, sobre todo puñais que corresponden a modelos da idade do bronce, aínda que a parte máis antiga poida corresponder aos tempos do Neolítico.