Begues
Begues
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na comarca do Baix Llobregat (3.105 h [1996]). Entre as actividades económicas destacan a construción, que aproveita as canteiras de pedra calcaria e de pedra de gran que se atopan no territorio do concello, e os servicios, debido á proliferación de segundas residencias. A igrexa parroquial de Sant Cristòfor conserva elementos románicos.