Beiro, Santa Baia de
Beiro, Santa Baia de
Igrexa parroquial situada en Ourense. Construción románica de finais do s XII, sufriu no s XVIII transformacións no pórtico, na espadana e nas capelas acaroadas da cabeceira dedicadas á Nosa Señora do Carme e a san Bieito. As primeiras mencións documentais fan referencia a unha doazón de Afonso VII e de dona Urraca a uns cabaleiros que, máis tarde, a cederon ás monxas de San Miguel de Bóveda. Ten unha única planta rematada nunha ábsida semicircular cuberta cunha bóveda de canón. A porta principal está formada por unhas arquivoltas de medio punto apoiadas nunhas columnas acobadadas a cada lado. O primitivo tímpano, que acollía unha imaxe de san Miguel, foi substituído por un lintel con peaña.