beixamán

beixamán

(< beixar + man)

  1. s m

    Cerimonia oficial na que os reis, os seus representantes ou unha alta personalidade reciben o saúdo de certas persoas con motivo dunha festa ou conmemoración especial.

  2. s m

    Modo de saudar as persoas que consiste en tocar ou achegar a man dereita ou ambas as dúas mans á boca unha ou máis veces.

  3. s m

    Saúdo cerimonioso.

  4. s m [RELIX]

    Acto que consiste en bicarlle a palma da man a un sacerdote despois de celebrar a súa primeira misa.

Palabras veciñas

beirutí | béisbol | beixador -ra | beixamán | beixar | beixe | beixo